Idiomas dispoñibles: Galego / Castelán
Benvido á paxina web de Inmobiliaria Miño

Xestión Inmobiliaria Miño, S.L. é unha empresa nova formada por un equipo de profesionais altamente cualificados e experimentados no sector inmobiliario que ten como obxectivo primordial facilitarlle a venda, a compra e mesmo o aluguer da súa vivenda e para iso ofrécelle un servizo personalizado para axudarlle a encontrar o fogar co que sempre soñou, a súa segunda vivenda ou simplemente investir no mundo inmobiliario.
O trato cos nosos clientes caracterízase pola sinxeleza, a amabilidade e a sensibilidade que require cada situación. En Inmobiliaria Miño dispoñemos tanto de obras novas como de segunda man, en venda ou en aluguer. Temos unha gran variedade de chalés, pisos, estudos, terreos e por suposto casas para restaurar. Inmobiliaria Miño ofrécelle os seguintes servizos:
- Compra, venda e aluguer de :
* Pisos.
* Chalés.
* Apartamentos.
* Locais comerciais.
* Prazas de garaxe.
* Terreos.

- Seguros de todo tipo:
* Fogar.
* Comunidades.
* Accidentes.
* Autos.
* Saúde.
* Comercio.